Biografía

Natalia Sequeiro (Ferrol, 1976) licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela en 1998. Posteriormente realizou o curso de posgrao Comunicación Audiovisual para a Era Dixital. Comezou a súa traxectoria profesional realizando prácticas na delegación de Ferrol de El Ideal Gallego e tamén na TVG, onde traballou no Telexornal e na Revista Fin de Semana. No ano 2000 entra a formar parte da redacción de O Correo Galego e de ahí pasaría dous anos despois ao xornal El Correo Gallego, onde continúa actualmente na sección de Galicia. Foi representante territorial de Santiago no CPXG entre 2012 e 2016.