Biografía

Mónica Ares Gómez naceu en Silleda (Pontevedra) en 1973. Licenciouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela en 1995.  Fixo as prácticas na Cadena Cope, na Radio Galega, e en Radio Galicia Cadena Ser. En 1997 comezou a súa relación laboral cos medios na televisión , a través da produtora Gestmusic Endemol, onde exerceu de redactora para programas da TVG como Tardes con Ana ou Tardes de Verán ou Que boa tarde. En 2003 pasa a formar parte do equipo de redacción da produtora CTV. Traballou en programas como Mañá será outro díaArrampla con todo ou a serie documental EmerxentesEn 2005 traballou como redactora redactora de Hai Debate na TVG. Foi codirectora en 2007 do documental Linguas Cruzadas para a TVG e cofundadora do proxecto de documental colaborativo para a Internet Eufalo.tv, sobre a lingua e os falantes. Dirixiu programas de TV de Galicia como As favoritas Vivir Aquí En 2009 foi traballar á Coruña coa produtora Portocabo TV, onde dirixiu Galegos no Mundo, tamén para a TVG, programa no que traballa na actualidade.