Biografía

A Coruña, 1975. Licenciouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela en 1997. Máster en Comunicación Interactiva, Social Media e Marketing Dixital. Na Faculdade de Ciencias da Información formou parte do equipo de alumnos que puxo andar a revista Alicerces, na que foi membro do seu Consello de Redacción (1994-1995).  Iniciou a súa carreira profesional en 1994 cando realizou en Radio Galicia Cadena SER as súas primeiras prácticas. En 1995 incorporouse ó plantel de Radio Voz onde desenvolveu tarefas de redactor, primeiro, e de coordenador de informativos, despois. Nesta época tamén dirixiu a programación deportiva de Radio Voz Compostela (1998). En 1999 pasou formar parte da redacción de Onda Cero onde dirixiu o informativo La Brújula de Galicia. En agosto de 2000 incorpórase ó plantel de La Opinión de A Coruña, como membro do equipo de redacción que puxo en marcha o xornal.  En setembro de 2001 ingresa en Radio Coruña Cadena SER, onde traballa na actualidade como editor e conductor do primeiro informativo da mañá. Neste etapa foi o enviado especial da SER á campaña do BNG nas dúas últimas eleccións autonómicas. Tamén formou parte do equipo de xornalistas da SER que cubriu o desastre do Prestige. Ademais, entre xaneiro de 2006 e xuño de 2007 foi correspondente na Coruña da Axencia Galega de Noticias. Actualmente é xefe de programas e contidos de Radio Coruña Cadena SER.  Desde xaneiro de 2005 foi representante da Demarcación da Coruña no pleno territorial no CPXG. Desde este posto impulsou a celebración dos Almorzos ON/OFF, que reúne a xornalistas con persoeiros da vida política, económica, social e cultural de Galicia. Foi vicedecano na Xunta de Goberno do CPXG 2008-2012.