Biografía

Naceu en Guitiriz (Lugo), no ano 1973. Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e MBA pola Escola de Negocios Abanca, é director de contidos multiplataforma en Cinfo, empresa de R Cable centrada en proxectos en televisión dixital interactiva, VOD, móbil e internet. Anteriormente, traballou no Grupo Zeta en Madrid e no Grupo El Correo Gallego en Santiago de Compostela.  Membro da directiva de PuntoGal, onde se encarga ademais da dirección de comunicación, é un dos impulsores e actual secretario do Premio José Couso á Liberdade de Prensa, coordinador técnico do Observatorio Galego dos Medios, e coordinador da web do CPXG. Anteriormente foi vocal na Xunta de Goberno do CPXG 2000-2004 e tesoureiro nas Xuntas de Goberno 2004-2008, 2008-2012 e 2012-2016. Tamén foi membro da xunta directiva da Asociación da Prensa de Santiago (APSC).  Máis información en Linkedin