Biografía

Belén Regueira naceu na Coruña en 1977. Licenciada en Xornalismo pola USC, boa parte do seu labor profesional está vencellado aos medios públicos galegos. Na TVG foi reporteira e condutora dos espazos informativos Bos Días e A Revista. Traballou como guionista de programas de entretemento como Tardes con Ana e Tourilandia e presentou o musical Chambo e o faladoiro infantil O país dos ananosNa Radio Galega dirixiu o programa Extrarradio e actualmente forma parte do equipo do Galicia por diante.