Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

  1. Coléxiate
  2. Os teus datos
  3. Documentación
  4. Pagamento

Mediante este formulario podes tramitar a túa colexiación online e escoller a modalidade de pagamento que queiras. Deberás achegar certa documentación escaneada que che indicaremos, e que depende da túa situación laboral actual.

Aínda non es colexiado/a?

Facerse membro do Colexio é o mellor xeito que temos de defender a profesión e contar co seu amparo. Ao estares colexiado/a, contarás cun organismo que actúa constantemente na defensa da profesión a nivel ético, competencial, de dereitos e laboral. Asemade dispós de todas as vantaxes para acrecentar a túa formación continua e accederás a descontos moi favorecedores en diferentes productos e servizos.

Non me importa que os demais membros do Colexio vexan o meu perfil (podes mudar esta opción e a túa información máis adiante).
Cubre o formulario cos seus datos e revisarémolos para engadilo na nosa base de datos.

Documentación escaneada

Anexa unha fotocopia da túa titulación ou o expediente académico no que conste que superaches o primeiro ciclo.

Só para comunicadores audiovisuais

Se es titulado/a en Comunicación Audiovisual, necesitamos que nos envíes un certificado da empresa onde traballas que especifique que realizan labores informativos.

Fotografía tipo carné

Sube unha imaxe túa de cara e mirando de fronte á cámara. Non aceptamos imaxes onde saias de perfil nin de corpo enteiro.

Escaneado das dúas caras

Engade un ficheiro co teu DNI escaneado polas dúas caras. Non importa que o escaneado sexa a cor ou en branco e negro.

Descarga e completa a autorización SEPA para domiciliar as cotas

Texto-explicación-autorizacion-sepa

Opcións de pagamento

Ao que remates este proceso, crearemos o teu perfil na web con estes datos. A continuación deberás escoller unha forma de pagamento para aboar a cota inicial. Non terás acceso á comunidade ata que completes este proceso.

Informámolo/a, ao respecto dos datos de carácter persoal que nos facilitou, dos seguintes extremos: Serán tratados polo COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA, con CIF Q1500262I como RESPONSABLE DO TRATAMENTO, coa FINALIDADE de dalo/a de alta, xestionar, facturar e manter a relación como colexiado/a con BASE LEGAL na relación existente entre o/a responsable e o/a titular dos datos. Os seus datos poden ser cedidos a entidades bancarias para a emisión de recibos nos casos necesarios e a terceiros/as cos que o/a responsable teña contratado un servizo de asesoramento contable e fiscal amparándose sempre nun contrato de encargado/a de tratamento. Se desexa exercer os seus DEREITOS de acceso, rectificación, cancelación, oposición, limitación e/ou portabilidade, ou se desexa máis información respecto ao tratamento dos seus datos, diríxase por escrito, sempre acreditando a súa identidade a: Rúa Ponferrada, 9, Baixo, 15701 - Santiago de Compostela (A Coruña) ou mediante correo electrónico a xornalistas.dpo@convenceabogados.es. Pode consultar a nosa política de privacidade en: http://xornalistas.gal/web/uploads/estaticos/Documentos%20legais/politica-de-privacidade.pdf